Axeladas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Axeladas (540 a.C.460 a.C.) ou Hagelaidas (así aparece escrito nas inscricións) foi un escultor grego. Foi o autor de estatuas en bronce de deuses e atletas olímpicos, a máis coñecida é a estatua de Zeus en Mesena, reproducida nas moedas desa cidade. Fundou unha escola escultórica, na que se pensa que estudaron Mirón, Fidias e Policleto.
A pesar de que non se soubo moito máis deste escultor, hai unha inscrición que sinala que o nome do seu fillo foi Argeiadas.