Aturuxo (folclore)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O aturuxo é un berro agudo e prolongado característico do folclore galego, que é emitido polo público ou os intérpretes nun intre dado, no decurso dunha peza musical. É moi típico de seráns, romarías, foliadas, e prolifera o seu uso a medida que se quenta o ambiente, podéndose tomar a súa frecuencia e intensidade como indicador do espírito festeiro dos presentes.