Arneb
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Arneb (α Leporis) é unha estrela, a máis brillante da constelación de Lepus, situada a 1300 anos luz da Terra. É unha estrela vella e moribunda, que poida que pasara a fase de superxigante e agora se estea contraendo e pasando as últimas fases da evolución estelar ou quizais aínda está en expansión na fase de superxigante.