Arman
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Arman (17 de novembro de 1928 en Niza - 22 de outubro de 2005 en Nova York de nome Armand Pierre Fernández) foi un pintor e escultor franco-americano, célebre polos seus "amoreamentos", un dos creadores máis prolíficos e experimentais do século XX, aínda que cuestionou as visións tradicionais sobre a natureza da arte nunca abandonou o sentido da beleza na composición que estivera presente desde a antigüidade.
Desde a infancia, Arman, familiarizouse cos obxectos da tenda de antigüidades do seu pai. Neno brillante comezou a pintar os 10 anos e estudou na Escola de artes decorativas de Niza. En 1949 pasou á Escola do Louvre en París, foi un dos fundadores do grupo Nouveau Réalisme en 1960 e en 1961 realizou a súa primeira exposición en Nova York.