Arcabuz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O arcabuz é unha arma de fogo usada entre os séculos XV ao XVII. Estaba formada por un canón de ferro montado sobre un madeiro de arredor do metro de lonxitude, semellante ao fusil, e de calibres variados. Cargábase pola boca e para o disparar había que prender a pólvora por medio dunha mecha ou coa chispa dun pedernal. O alcance do disparo non superaba os 25 m, chegando aos 50 m nas últimas versións e tiña unha cadencia de disparo de 2 ou 3 por minuto.
O arcabuz demostrou a súa gran eficacia durante a Batalla de Pavía (1525), a desfeita da cabalaría francesa polos arcabuceiros levou a que moitos exércitos adóptasen a arma en substitución da bésta.
A fins do século XVI o mosquete substitúe ao arcabuz na maioría dos exércitos, pero en Xapón mantívose ata a fin do shogunato.