Antoine-Louis Barye
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Antoine-Louis Barye (París, 1796 - 1875) foi un escultor romántico francés.
Comezou a traballar como ouriveiro, logo de estudar con Francois-Joseph Bosio e Antoine-Jean Gros admitírono na École des Beaux Arts en 1818. A partir de 1823 comezou a facer esculturas de animais en bronce, Barye converteuse nun dos máis grandes escultores animalistas, dotando aos seus animais de gran realismo, cun estudo detallado dos seus músculos, da súa pelaxe, das súas actitudes. Foi profesor no Museo de Historia Natural de París dende 1854 e mestre de Emmanuel Frémiet.
As súas grandes obras foron Tigre devorando crocodilo (1831) e O león e a serpe (1832), Teseo e o Minotauro (1847), Lapita e o centauro (1848) e un grupo de estatuas do xardín das Tullerías