Angel Rodríguez Castedo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Angel Rodríguez Castedo (Sarria, 22 de xullo de 1947 foi un benefactor do concello de Sarria.
Era fillo de Rafael Rodríguez e de Cándida Castedo, mestra de Barbadelo e Fontao. Cursou estudos eclesiásticos no Seminario de Lugo e en Madrid na Universidade de Comillas, sendo funcionario da Administración Central. Foi Presidente do IMSERSO e Secretario do Consello Económico e Social, presidiu a entidade Personalia, pertencente á ONCE e novamente o IMSERSO. Á súa iniciativa débese a dotación dun centro de atención a persoas con discapacidade psíquica (CAPD) bicado no Barrio das Insuas da Vila de Sarria. Por esta razón, o Concello de Sarria acordou nomealo fillo predilecto. A rúa de acceso o CAPDP leva o seu nome.