Ancara - Ankara
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ancara (Ankara, en turco) é a capital de Turquía e a segunda cidade do país despois de Istambul. Tamén é a capital da provincia de Ancara. A cidade conta con 3.582.000 habitantes (2003), e ten unha elevación media de 850 m. Antigamente coñecíase como Angora ou Engürü, e no periodo clásico como Ancyra.
Localizada en Anatolia central, Ancara é un importante centro comercial e industrial, situada nun outeiro na beira esquerda río Enguri Su, afluente do Sakaria. No cumio do outeiro están as ruínas da antiga cidadela, ademais na cidade quedan algúns monumentos greco-romanos e bizantinos, os máis coñecidos son o teatro romano e o templo de Roma e de Augusto. A cidade era famosa pola la das cabras de pelo longo das que se obtiña a la de angora.