Acre - עכו
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Acre, עכו (Akko)en hebreo e عكّا (ʿAkkā) en árabe. Cidade de Israel, situada no Distrito do Norte, na beira do Mar Mediterráneo.
45.600 habitantes (2003), 75% de xudeus, 25% árabes.
Conquistada polos cruzados que lle deron o nome de San Xoán de Acre.
Acre é a sé do xefe da Fe Bahai.
[editar] Historia
Acra identifícase coa Aak, cidade tributaria de Tutmose III e coa Akka dos rexistros de Amarna.
No ano 700 a.C. a cidade caeu en poder dos asirios. No Antigo Testamento aparece unha vez co nome de Acco. No 332 a.C. conquistouna Alexandre Magno, e no século III a.C. por Ptolomeo II. En 638 os árabes fixéronse co control da cidade ata que os cruzados a conquistaron no 26 de maio de 1104. Reconquistada por Saladino no 1187, sitiada sen éxito por Guy de Lusignan no 1189, e de novo conquistada por Ricardo Corazón de León no 1191. Convertida en capital do que quedaba do Reino de Xerusalén. En 1229 foi posta baixo o control dos Cabaleiros Hospitalarios.
No ano 1291 os mamelucos conquistan a cidade. En 1517 captúraa Selim I para os otomanos, e a cidade entrou nun periodo de decadencia.
A fins do século XVIII comeza a se recuperar baixo o goberno de Daher El-Omar, o sheikh local, o seu sucesor Jezzar Pasha, gobernador de Damasco, fortificouna.
Napoleón sitiou a cidade no ano 1799 durante dous ata que foi expulsado polos turcos, axudados por unha forza naval británica.
Dende 1918 os británicos gobernaron a cidade ata que en 1948 integrouse en Israel.