Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Saladino - Wikipedia

Saladino

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Yusuf ibn Ayub Salah-ed-din ou Salah ad-Din Yusuf al-Ayyubi (en kurdo Selaheddîn Eyûbîen e en árabe صلاح الدين يوسف الأيوبي que quere dicir Yusuf, fillo de Ayub, "Unificador da Fe" mais coñecido en occidente como Saladino, Saladin o Saladine) (1138, Tikrit - 1193, Damasco) foi un dos grandes gobernantes do mundo islámico, sendo sultán de Exipto, Siria, Palestina, así como de zonas de Arabia, Iemen, Libia e Mesopotamia.

Defensor do Islam e particularmente da ortodoxia relixiosa representada polo sunnismo, unificou política e relixiosamente o Oriente Próximo, combatindo ós cristiáns e rematando con doutrinas alonxadas do culto oficial representado polo Califato Abbasí. É particularmente coñecido por arrebatar a Terra Santa ós cruzados, devolvendo Xerusalén ós musulmans e rematando có Reino de Xerusalén. O impacto deste acontecemento en Occidente provocou unha nova cruzada (a terceira) liderada polo famoso Ricardo I de Inglaterra, que se converteu en mítica.

Índice

[editar] Biografía

[editar] Primeiros anos

Naceu en 1138 en Tikrit, (na provincia actualmente chamada Salah ad Din no seu honor, en Iraq) onde o seu pai Ayub, era gobernador. A sua familia era kurda e como moitos kurdos naquela época, eran soldados ó servizo dos gobernantes sirios e mesopotámicos. Tras caer en desgracia e ser expulsados, puxeronse ó servizo de Zengi, señor de Mosul, que unira baixo o seu mando a zona norde de Siria e Iraq. Foi o primeiro dos grandes líderes musulmáns que tratou de expulsar ós cruzados de Oriente Próximo, lográndo arrebatarlles o Condado de Edesa. A familia de Saladino uniuse pois ó seu exército, sendo o seu pai recompensado co goberno de Baalbek. Naquela época os cristiáns lanzarían a Segunda Cruzada, que fracasaría.

A morte en 1146 deste caudillo, asasinado, abriu un periodo de guerra civil en Siria pola sucesión. A familia de Saladino poríase de parte do herdeiro designado, o fillo menor de Zengi, Nur al-Din. Cando tras diversas loitas este impusose en Siria, os parentes de Saladino foron recompensados: o seu pai recibiu o goberno de Damasco, e o seu tío Shirkuh o mando do exército.

[editar] Señor de Exipto

Entre tanto, Exipto estaba nun período de inestabilidade. Nos momentos finais do Califato Fatimí o país estaba en crise, ameazado polos cruzados, que tiñan ocupado Ascalón e ameazaban a fronteira aliados cos bizantinos, así como en guerra civil polos diversos aspirantes ó cargo de visir.

Un deles acudiu á corte de Damasco a pedir axuda a Nur al-Din. Este enviou un exército ó mando de Shirkuh, que se levou ó seu sobrino Saladino con el. Cara 1169 Shirkuh controlaba o país, actuando en parte como primer ministro do califa fatimita de Exipto en parte como gobernador e representante do sultán sirio. Nese mesmo ano moría el xeneral, sendo sustituido no posto polo seu sobrino, Saladino.

A tentativa do rei de Xerusalén Amalrico II de invadir Exipto co apoio da flota bizantina foi contida no peirao de Damieta, alonxando o perigo inmediato dunha conquista cristiá.

Saladino reformou a administración do país, abolindo impostos e reducindo o desmesurado funcionariado, reorganizou o exército, composto ata entón por mercenarios do Magreb que foron sustituidos por tropas kurdas e turcomanas, e impuxo a sua autoridade sobre o país. A doenza de Al-Adid, o derradeiro califa fatimí, impediu a este continuar controlando as mezquitas exipcias, nas que se comezou a orar polo califa abbasí. A sua morte en 1171 supuso a reintegrazón definitiva do culto en Exipto á corrente sunní, maioritaria no Islam, durante a ocupación e mando de Saladino. Isto serviu para realzar o seu prestixio dentro da comunidade islámica, que estaba ainda moi afectada pola caída da cidade santa de Xerusalén no poder dos cruzados en 1099.

Saladino ampliou tamén as suas fronteiras, conquistando a costa libia, o norde de Sudán e Iemen coa excusa de restaurar a ortodoxia relixiosa (estes territorios estaban fora do liderato espiritual do Califato Abbasí, sendo para a sua doctrina herexes). Saladino tamén tomou os portos e posicións cruzadas no Mar Vermello, asegurando a súa posición contra os estados cristiáns.

Trala morte de Al-Adid era en teoría un vasalo de Nur al-Din mais na práctica era o gobernador de facto de Exipto: recoñecía a autoridade do sultán de Siria, mais gozaba de total independencia no seu goberno de Exipto, debido á distancia entre Damasco e O Cairo, separadas por estados gobernados polos cruzados europeos.

[editar] Sultán de Siria

Á morte de Nur al-Din en 1174 os seus dominios deberían pasar ó seu fillo As-Salih Ismail al-Malik. Sen embargo o herdeiro era un neno, que tardaría anos en controlar e imporse en Siria, o que fixo que numerosas potencias trataran de aproveitar a situación, entre elas, Saladino.

Este ocupou Damasco e con iso Siria do Sur, baixo a excusa de asegurar estas terras ó seu lexítimo dono, pois estaban ameazadas polo Reino de Xerusalén. Sen embargo, practicou unha política hostil a as-Salih Ismail al-Malik, arrebatándolle unha a unha as prazas do norde, ata que só lle quedou Alepo. Chegou incluso a asediar esta cidade infrutuosamente. No transcurso do sitio, sufriu un intento de asasinato por parte da secta dos asasinos, librándose por levar unha cota de malla baixo as súas roupas.

Mentres tanto, mantivo unha actitude agresiva contra os estados cruzados, realizándose como era habitual dende a primeira cruzada, incursións e asaltos. En 1177, unha invasión de Saldino, que atacaba dende o sur, foi desarticulada na batalla de Montgisart.

Dous anos despois, un ataque a unha fortaleza que os cristiáns estaban construindo na ribeira do río Xordán deulle a primeira gran vitoria (batalla do vado de Xacob) na sua campaña por expulsar ós francos de ultramar.

Tras morir o herdeiro de Nur al-Din sen descendencia en 1181, Saladino foi nomeado nominalmente (xa o era de facto) sultán de Siria e Exipto.

[editar] Líder do Islam

Tras afianzarse como señor de Siria, Saladino manobrou contra os príncipes da dinastía Zengida que gobernaban en Mesopotamia (o norde do actual Iraq). Estes eran descendentes de Zengi, e sobriños de Nur al-Din cuxo imperio tiña abarcado algunhas provincias fronterizas na rexión.

Saladino recuperou as terras fronterizas, e expandiu o seu dominio mais alá ainda. É de destacar a anexión de Edesa. Tras varias campañas en Mesopotamia conseguiu a submisión do príncipe de Mosul en 1186, cuxa cidade chegou a sitiar sen éxito en 1182, que se converteu no seu vasalo, comprometendose a colaborar na sua "yihad".

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com