Acordeón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O acordeón é un instrumento musical de vento, é o máis pequeno representante da familia do órgano. Está composto dun fol que permite o desprazamento de aire, dun xogo de botóns que vibran co paso do aire e dun teclado.
[editar] Historia
O sheng apareceu arredor do 3.000 a.C. en China, considérase o máis antigo antecedente do acordeón.
O 6 de maio de 1829 o austriaco Cyrille Demian patenta o acordeón, e nos anos seguintes popularízase, despois da Segunda Guerra Mundial recúa o seu uso, ata que arredor de 1980, comeza a se recuperar a música tradicional de moitas partes de Europa, e úsanno moitos grupos de música alternativa, como Mano Negra. Actualmente moitos grupos galegos empregan o acordeón: Berrogüeto ou Os Cempés.
[editar] Acordeonistas
- Teodoro Anzellotti
- Tony Cedras
- Dick Contino
- Wolfgang Dimetrik
- Myron Floren
- Guy Klucevsec
- Pauline Oliveros
- "Weird Al" Yankovic
- Charles Magnante
- Lawrence Welk
- Frank Marocco
- Guoping Zhang
- Tony Lovello
- Art van Damme
- Richard Galliano
- Mika Huusari
- Jimmy Shand
- Dr. Busker
- Walter Ostanek