A Esperela, Baleira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Pedro da Esperela limita ao norte coas parroquias de Librán e Fontaneira; con Pousada e o concello de Baralla ao Sur; polo leste co concello da Fonsagrada; e polo oeste coa de Fraira (Castroverde). Os seus 344 habitantes agrúpanse en 16 entidades de poboación, cunha densidade media de 23'5 hab/km2 no 2003. No lugar de Castro hai achádegos prehistóricos do mesmo nome e, en Vilaselle é reseñable a pedra de armas da casa dos Luaces.
- As entidades de poboacion son as seguintes: O Cádavo (142), O Candín (5), O Castro de Valdería (abandoado), Cimadevila (22), Corveira (18). A Esperela (18), A Lóngara (1), Os Penedos (3), Perrelos (14), Pradeda (11), Puñago (26), Sanguñedo (9), O Touzón (11), Valdería (30), Valín (6) e Vilaselle (28).
Situacion xeográfica da capital parroquial:
Latitude: 43º 00'
Lonxitude: 7º 14'
Superficie: 14,63 Km²
Altitude media: 680 m.
Altitude máxima: 730 m. (O Cádavo)
- Monumentos:
Sobresae a Igrexa parroquial de San Pedro da Esperela, construida na aldea do mesmo nome. É un edificio de planta cadrada, que se divide no interior en tres naves, separadas entre sí por dúas fileiras de piares. O presbiterio é de planta rectangular, e na parte posterior deste ten a sancristía, tamén de pranta rectangular. Os muros son de mampostería e sillería de granito, e a cuberta de tella a dúas augas. A nave central separase das laterais por medio dunha alineación de catro piares sobre os que descansa unha arcada corrida de tres arcos de medio punto, sobre os que se apoia a cuberta. O frontis está rematado por unha torre de tres corpos, o segundo cego e no terceiro con catro vanos. O arco triunfal é de medio punto, con doble arista, ten trazas, o igual que os modilons que se conservan na cornisa, de pertencer a primitiva construción románica.
A capital de concello, O Cádavo, dispón, ademais, doutros edificios, da Biblioteca Pública Municipal de Baleira para uso e disfrute dos veciños do lugar.
Lugares da parroquia de A Esperela no concello de Baleira (Lugo) | |
---|---|
O Cádavo | O Candín | O Castro de Valdería | Cimadevila | Corveira | A Esperela | A Lóngara | Os Penedos | Perrelos | Pradeda | Puñago | Sanguñedo | O Touzón | Valdería | Valín | Vilaselle |