Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Celtic F.C. - Wikipedia

Celtic F.C.

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Celtic
{{{escudo}}}
Nome completo Celtic Football Club
Alcume(s) The Bhoys, The Hoops, The Tic, Sellic
Fundación 25 de Maio de 1888
Nome do estadio Celtic Park,
Glasgow,
Inauguración 1899
Capacidade 60.830
Presidente Escocia Brian Quinn
Adestrador Escocia Gordon Strachan
Liga Premier League escocesa
Temp. 2005-06
Páxina web oficial
Team colours Team colours Team colours
Team colours
Team colours
 
Na súa casa
Team colours Team colours Team colours
Team colours
Team colours
 
Fóra

O nome oficial deste clube de fútbol de Escocia, como se pode albiscar no seu escudo, é o de Celtic Football Club de tal xeito que cando se fai referencia a el coma Celtic de Glasgow estariamos a empregar unha forma incorrecta dende o ollar oficial inda que non por iso deixa de se-la denominación máis empregada cando nos referimos a esta entidade. E ó igual que ocorre con calquera outro conxunto de fútbol, o Celtic tamén posúe outras denominacións a modo de alcume. Neste senso haberá que falar do alcume oficial (The Bhoys) mais tamén dos tres que ten de xeito non oficial ("The Hoops", "The 'Tic" e "Sellic").


Índice

[editar] Historia

É moi sonada a grande rivalidade que o Celtic ten co Rangers dende 1888 (ano do nacemento do Celtic). É o derbi por excelencia de Escocia e pode que do mundo posto que o mesmo Sir Alex Ferguson (que xa leva visto moito fútbol na súa vida) fala na súa autobiografía de que endexamais vira nun enfrontamento de rivalidade unha atmosfera e unha paixón semellantes ás que se poden vivir nos encontros entre Celtic e Rangers. De feito, dicía que nin nos derbis que vira en España, Italia, Inglaterra... tivera visto nada que se lle achegase. E tamén boa conta disto pode dála o futbolista ferrolán do Rangers Nacho Novo que recoñeceu nunha entrevista concedida a un xornal deportivo que aquilo era impresionante e que se algún compañeiro lle quería dicir algo, como estivese a 3 ou 4 metros xa non oía o que lle quería comentar. Tanto esta rivalidade, por intres da historia esaxerada, coma cando se fai referencia a ambolos dous clubes se fala do Old Firm.

O equipo xoga os seus partidos coma conxunto local no Celtic Park tamén coñecido coma Parkhead por estar chantado nesa avenida e coma The Paradise ou simplemente Paradise grazas ós boísimos momentos que alí puideron pasar moitos siareiros. O estadio ten unha capacidade de 60.832 prazas todas elas de sentar sendo o estadio con meirande aforo da Escocia e o segundo do Reino Unido en canto a clubes se refire.

Abofé que o fito por excelencia do clube foi a proclamación do mesmo coma campión de Europa no 1967 trala vitoria acadada cun xogo de reis sobre o Inter de Milán por 2-1 en Lisboa. E velaquí a explicación de que tódolos xogadores que artellaban o plantel recibiran a denominación de Lisbon Lions. Cómpre salientar tamén ó falar deles que, hogano, inda segue a se-lo único clube de Europa que foi quen de gaña-la máxima competición continental botando man tan só de xente do país da orixe do equipo. E é máis, os xogadores tiveran nacido todos eles nun radio de 30 millas (algo máis de 55 quilómetros) con respecto á casa do clube, Celtic Park.

O Celtic tamén é coñecido coma o equipo dos católicos, estando formada a súa afeción principalmente pola minoría católica de Escocia, polos norirlandeses católicos e polos irlandeses. Inda que tamén ten importantes núcleos de seguidores en Australia, Estados Unidos ou Inglaterra, algúns non tan chamativos noutros países anglosaxóns coma o Canadá ou Nova Celandia e tamén hai moitos milleiros máis de afecionados do equipo que están espallados polo resto do mundo.

Pode que esteamos a falar dunha das mellores afecións do globo sen lugar ás dúbidas xa que o estadio adoita estar cheo en cada partido e nas últimas tempadas as estatísticas indican unha asistencia media ó terreo de xogo de arredor dunhas 57.000-58.000 persoas; cifras tan só rebasadas polos seguidores do Manchester United a nivel británico.

[editar] Uniforme

A primeira equipación do equipo é a de camisola con franxas horizontais verdes e brancas, pantalonciño cor branca e medias brancas inda que hai que dicir ó respecto que houbo ó longo da historia do clube diversas tempadas nas que as medias eran, á imaxe da camisola, con franxas verdes e brancas. En canto á segunda equipación hai que salientar que foi mudando ó longo dos anos pero por pór un exemplo a da tempada 2005-2006 era completamente verde.

[editar] Datos do clube

  • Xogadores importantes: Roy Aitken, Bertie Auld, Tommy Burns, Dennis Connaghan, Pat Crerand, Kenny Dalglish, Patsy Gallacher, Tommy Gemmell, John Hartson, David Hay, Harry Hood, Jimmy Johnstone, Paul Lambert, Henrik Larsson, Neil Lennon, Bobby Lennox, Lou Macari, Willie Maley, Danny McGrain, Jimmy McGrory, Billy McNeill (Caesar), Paul McStay, Charlie Nicholas, Ronnie Simpson, Jock Stein, Chris Sutton, John Thomson (morto nun partido entre Celtic e Rangers), Charlie Tully, Stilian 'Stan' Petrov, Neil Lennon, Roy Keane, Aiden McGeady.

[editar] Palmarés

[editar] Torneos nacionais

[editar] Torneos internacionais

[editar] Ligazóns externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com