Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Rangers F.C. - Wikipedia

Rangers F.C.

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Glasgow Rangers
{{{escudo}}}
Nome completo Rangers Football Club
Alcume(s) Gers, Teddy bears
Fundación 25 de Maio de 1873
Nome do estadio Ibrox Stadium,
Glasgow,
Inauguración 1899
Capacidade 50.411
Presidente Escocia David Murray
Adestrador Francia Paul Le Guen
Liga Premier League escocesa
Temp. 2005-06
Páxina web oficial
Team colours Team colours Team colours
Team colours
Team colours
 
Na súa casa
Team colours Team colours Team colours
Team colours
Team colours
 
Fóra

O Rangers Football Club é un clube de fútbol da localidade de Glasgow (Escocia) que adoita ser chamado Glasgow Rangers inda que oficialmente ese nome non o posúa ningún equipo de fútbol. Este costume de darlle esta denominación a puxeron ben de moda os comentaristas ingleses dos partidos de fútbol que falaban do Glasgow Rangers pra tentar face-la diferenciación con respecto ó Queens Park Rangers londinense. Tamén ten denominacións alternativas coma os alcumes "The Gers" que non deixaría de se-la abreviación de The Rangers, "Light Blues" pola cor da súa camisola e "The Teddy Bears" pola rima que isto fai con Rangers.


Índice

[editar] Historia

Clube nado no 1873 e que foi o primeiro do mundo en acadar 50 títulos do seu campionato nacional de liga e tamén o que pode fachendear de se-lo pioneiro en sumar 100 títulos oficiais (ó remate da tempada 2005-2006 xa acumulaba 107).

É moi sonada a grande rivalidade que o Rangers ten co Celtic. É o derbi por excelencia de Escocia e pode que do mundo posto que o mesmo Sir Alex Ferguson fala na súa autobiografía de que endexamais vira nun enfrontamento de rivalidade unha atmosfera e unha paixón semellantes ás que se poden vivir nos encontros entre Celtic e Rangers. E tamén boa conta disto pode dála o futbolista ferrolán do Rangers Nacho Novo que recoñeceu nunha entrevista concedida a un xornal deportivo que aquilo era impresionante e que se algún compañeiro lle quería dicir algo, como estivese a 3 ou 4 metros xa non oía o que lle quería comentar. Tanto esta rivalidade, por intres da historia esaxerada, coma cando se fai referencia a ambolos dous clubes se fala do Old Firm.

A primeira equipación do equipo é a de camisola cor azul, pantalonciño cor branca e medias azuis. En canto á segunda equipación hai que salientar que foi mudando ó longo dos anos pero por pór un exemplo a da tempada 2005-2006 era con camisola branca cunha franxa vermella cruzando verticalmente o peito dende o pescozo, pantalonciño azul e medias brancas.

O estadio que acolle os seus encontros coma locais é o de Ibrox Stadium cunha capacidade pra 50.411 persoas sendo tódalas bancadas de sentar. Ademais este estadio é un cinco estrelas segundo criterios UEFA e é o terceiro en aforo da Escocia tan só por detrás, e nesta orde, do Celtic Park e do Hampden Park onde xoga a Seleción Escocesa de Fútbol tódolos seus encontros oficiais coma local a non ser que haxa algún problemiña.

O maior fito da historia do Rangers de seguro que foi a consecución da xa extinta Recopa no ano 1972 tras derrotar ó Dínamo de Moscova no Camp Nou por 3-2.

O equipo do Rangers tamén é coñecido por se-lo conxunto dos protestantes de Escocia. E ós seus seareiros se lles coñece coma Bears e Bluenoses.

[editar] Adestradores

[editar] Xogadores sonados

[editar] Palmarés

[editar] Torneos nacionais

Campión de:

  • Liga escocesa: 1891, 1899, 1900, 1901, 1902, 1911, 1912, 1913, 1918, 1920, 1921, 1923, 1924, 1925, 1927, 1928, 1929, 1930, 1931, 1933, 1934, 1935, 1937, 1939, 1947, 1949, 1950, 1953, 1956, 1957, 1959, 1961, 1963, 1964, 1975, 1976, 1978, 1987, 1989, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1999, 2000, 2003, 2005.
  • Copa de Escocia: 1894, 1897, 1898, 1903, 1928, 1930, 1932, 1934, 1935, 1936, 1948, 1949, 1950, 1953, 1960, 1962, 1963, 1964, 1966, 1973, 1976, 1978, 1979, 1981, 1992, 1993, 1996, 1999, 2000, 2002, 2003.
  • Copa da Liga de Escocia: 1946, 1948, 1960, 1961, 1963, 1964, 1970, 1975, 1977, 1978, 1981, 1983, 1984, 1986, 1987, 1988, 1990, 1992, 1993, 1996, 1998, 2002, 2003, 2005.
  • Liga de Escocia (entreguerras): 1940.
  • Southern League (entreguerras): 1941, 1942, 1943, 1944, 1945, 1946.
  • Milk Cup: (Premier) 1984, 1992. (Junior) 1985.
  • Drybrough Cup: 1979.
  • Tennents' Sixes: 1984, 1989.

[editar] Torneos internacionais

  • Recopa de Europa: 1972.
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com