Yad Vashem
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Yad Vashem é o memorial oficial israelí en memoria das vítimas da Shoah perpretada polos nazis durante a Segunda Guerra Mundial. Establecido en Xerusalén en 1953 pola Lei do Memorial.
O memorial consiste en diversos edificios: unha cámara da memoria, un museo histórico, unha galería de arte, os arquivos, o Val das Comunidades destruídas, a sala dos nomes, o memorial dos nenos e un centro educativo.