Xoviano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Flavius Claudius Iovianus, en galexo Xoviano, (332 - 17 de febreiro de 364) era un oficial cristián do exército de Xuliano, orixinario de Panonia, que á morte do emperador polas feridas sufridas durante unhas campañas en territorio persa, foi nomeado emperador polo exército, o 26 de xuño do 363.
Tivo que acordar unha paz en condicións desfavorábeis co Imperio Persa, pola que cedía os territorios entre o río Tigris e o río Eufrates.
Xoviano, ao contrario que o seu predecesor Xuliano, que era considerado un apóstata, era cristián, polo que aboliu as deposicións de Xuliano en contra da Igrexa Católica, aínda que mantendo a liberdade de culto.
Morreu, de causas naturais, o 17 de febreiro do 364 na fronteira entre Bitinia e Galacia, cando regresaba a Roma para confirmar o seu título, tras reinar só 8 meses.
[editar] Ver tamén
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Xuliano |
Xoviano (363-364) |
Precede a: Valente |
sen dinastía |