Wikipedia:Xornal da Galipedia/Acerca de
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Xornal da Galipedia é un medio para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Co Xornal preténdense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores. Hai un ano, o 1 de setembro de 2005, a Wikipedia en galego tiña 8.139 artigos; 365 días despois aumentaran ata 17.505 —máis do dobre—. O número de editores tamén aumentou considerablemente e a enciclopedia comeza a acadar un nivel de calidade aceptable. Neste últimos doce meses tamén se consolidou unha comunidade galega en Commons e recuperáronse, en parte, outros dos proxectos da Wikipedia en galego —Galizionario (dicionario), Wikisource (documentos), Galicitas (citas), Galilibros (libros)—. Queda moito traballo por facer; así e todo, os primeiros froitos da dedicación de ducias de persoas comezan a recollerse.