Xogos Olímpicos de 1924
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xogos da VIII Olimpíada | |
---|---|
París 1924 | |
Estados Participantes | 44 |
Atletas | 3089 |
Eventos | 126 en 17 deportes |
Cerimonia de Apertura | 4 de maio |
Cerimonia de Clausura | 27 de xullo |
Apertura oficial | Gaston Doumergue |
Xuramento do Atleta | Georges André |
Local | Estadio de Colombes |
Os Xogos Olímpicos de 1924 foron realizados en París, en Francia, entre o 20 de abril e o 27 de xullo, coa participación de 2956 atletas, entre eles 136 mulleres, representando 44 países, un récord até entón, para felicidade e gloria de Pierre de Coubertin, que vía os Xogos voltar á súa terra natal, após vinte anos, coa presenza de 1000 xornalistas e a primeira transmisión radiofónica das probas. Estes foron os últimos Xogos organizados baixo a presidencia do Barón de Coubertin.
Ó contrario dos primeiros e fracasados Xogos na cidade, en 1900, desta vez París preparou un suntuoso complexo olímpico para hospedar os diversos deportes, en particular o confortable e moderno Estadio Olímpico de Colombes, con capacidade para 60.000 persoas, onde os nomes dos campións olímpicos destes Xogos foron gravados en mármore nas súas paredes. Foi tamén a primeira vez que os atletas se instalaron nunha pequena vila olímpica, formada por varias pequenas casas de madeira.
Foi nesta edición dos Xogos nos que por primeira vez foi empregado o lema olímpico Citius, Altius, Fortius , ou, máis rápido, máis alto, máis forte, cuñado en latín por un monxe francés, Frei Henri Didon e no que as tres bandeiras, olímpica, do país anfitrión e do próximo país en recibir os Xogos, foron izadas lado a lado na cerimonia de clausura.
[editar] Curiosidades
- A proba dos 100m lisos foi gañada por un inglés, Harold Abrahams, poñendo fin a unha longa invatibilidade norteamericana na máis popular das probas do atletismo. A historia desta proba e do seu campión foi levada ós cinemas en 1981 no filme Chariots of Fire, que conquistou catro Oscars, entre eles o de mellor filme, e transformou a música tema, do grego Vangelis, no himno de todos os corredores do mundo.
- Paavo Nurmi, o fantástico corredor finlandés coñecido como Home-Reloxo, por ter o costume de correr cun reloxo na man controlando o tempo de cada unha das súas voltas, conquistou cinco medallas de ouro no Atletismo, sumando un total de oito coas gañadas anteriormente nos Jogos de Antuerpen. Nurmi conseguiu a fazaña de vencer os 1500m e os 5.000m no mesmo día, con 55 minutos de diferenza entre as probas.
- O estudante norteamericano Johnny Weissmuller, de 20 anos, conquistou dúas medallas de ouro na natación. Anos despois, se tornaría un dos maiores astros do cinema do mundo, ó facer o papel de Tarzán en doce filmes de Hollywood.
- O Tenis tivo a súa última participación en París, retornando ós Xogos en 1988, 64 anos máis tarde, en Seúl.
- Irlanda participa por primeira vez como equipo independente.
[editar] Modalidades disputadas
|
[editar] Cadro de medallas
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Estados Unidos | 45 | 27 | 27 | 99 |
2 | Finlandia | 14 | 13 | 10 | 37 |
3 | Francia | 13 | 15 | 10 | 38 |
4 | Reino Unido | 9 | 13 | 12 | 34 |
5 | Italia | 8 | 3 | 5 | 16 |
6 | Suíza | 7 | 8 | 10 | 25 |
7 | Noruega | 5 | 2 | 3 | 10 |
8 | Suecia | 4 | 13 | 12 | 29 |
9 | Países Baixos | 4 | 1 | 5 | 10 |
10 | Bélxica | 3 | 7 | 3 | 13 |