User talk:Xenxo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Para contactar comigo |
Para contactar comigo, fai click na |
Benvido á Galipedia Xenxo: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Grazas por colaborar connosco, a túa axuda é especialmente importante. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición.
A continuación inclúo o texto que di como está organizado o proxecto Galipedia. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe
-
- Wikisource para textos orixinais,
- o Galizionario para entradas de dicionario,
- Galicitas para citas textuais e
- Galilibros para a publicación de libros.
- Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—.
Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes.--Lmbuga Commons - Galipedia 11:08, 19 setembro 2006 (UTC)
Índice |
[editar] Dios ke te crew
Retiraches o marcador {{Atención}} cando aínda o artigo non está en condicións: fátanlle ligazóns, categoría, revisión lingüística,... Vou revisalo agora. Procura non retirar os marcadores sen facer os traballos precisos para poder retiralos. Non dubides en contactar comigo cando desexes. --Lmbuga Commons - Galipedia 11:08, 19 setembro 2006 (UTC)
- Perdón, categoría xa tiña --Lmbuga Commons - Galipedia 11:12, 19 setembro 2006 (UTC)
- Xa revisei o artigo. Non te preocupes por cometer erros, xa se irán corrixindo. Sobre todo faltábanlle ligazóns. Tes información sobre as ligazóns en Wikipedia:Como editar unha páxina#Agregar ligazóns. Toda a páxina de Wikipedia:Como editar unha páxina pode serche de interese--Lmbuga Commons - Galipedia 11:21, 19 setembro 2006 (UTC)
[editar] Bravú
Grazas pola túa colaboración. Agora está moi ben. Véxoo moi ben, quiteille a marca de atención e fixen unha revisión de lingua. Na revisión eliminei a expresión castelá "no le hace ascos a" (en galego noxo) e substituína por "faille as beiras a". Non se me ocorreu outra. calquera cousa que desexes, xa sabes onde estou--Lmbuga Commons - Galipedia 13:03, 20 setembro 2006 (UTC)
[editar] Categoría Música
Ola Xenxo, estamos a traballar na elaboración das categorías da rama Música en Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Música. Como moitas das túas contribucións están relacionados con ese campo de coñecemento queremos pedir a túa axuda para pechar o debate e coñecer a túa opinión sobre o que se leva elaborado. En canto ao desenvolvemento da categoría a estrutura está determinada en parte por categorías comúns ao conxunto de ramas de categorías, pero atopamos problemas para decidir a clasificación da Música galega e para desenvolver a subcategoría Personalidades da música que entre outras cousas debe substituír á antiga categoría Artistas. Invítote a intervir no debate porque a túa aportación será moi útil para mellorar esta rama. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:04, 3 outubro 2006 (UTC)
[editar] 20.000 artigos
Ola Xenxo. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.
Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.
Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:52, 6 decembro 2006 (UTC)