Xacobeo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Ano Santo Xacobeo
Denomínase Ano Santo Xacobeo o ano no que o 25 de xuño (festividade do Apóstolo en Santiago de Compostela) cadra en domingo. Isto sucede cunha regularidade de 6-5-6-11 anos. O que supón que en cada século se celebren catorce Xacobeos. Nistes anos os católicos poden conseguir o xubileo, para o que son necesarios os seguintes requisitos:
1. Visitar a catedral de Santiago de Compostela, en Galiza, onde según unha tradición atópase a tumba do apóstolo Santiago o Maior.
2. Rezar algunha oración (polo menos o Noso Pai, Credo e pedir polas intencións do Papa), recoméndase asistir á Santa Misa.
3. Recibir os sacramentos da penitencia (pode ser 15 días antes ou despois) da comuñón.
A gracia do Xubileu consiste na indulxencia plenaria para o perdón da pena que merecen os pecados. O primeiro Ano Xubilar foi establecido polo Papa Calixto II no 1126. O próximo Ano Xubilar será o 2010.