Xabón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O xabón é un produto que se utiliza para a hixiene persoal e para lavar determinados obxectos, inclusive utilizado para decorar. Encontrámolo en pastillas, en pó ou en cremas. En sentido restrito, existe unha grande diferenza entre xabón, un deterxente e un xampú.
Hai tamén o xabón de lavandería, usado para lavar roupas.
O xabón xeralmente é o resultado da reacción química entre unha base (xeralmente hidróxido de sodio ou hidróxido de potasio) e algun ácido graxo. Esta reacción é denominada saponificación. O ácido graxo pode ser por exemplo: graxa de porco, aceite de coco ou de oliva e tamén de glicerina. O xabón é solúbel en agua e, polas suas propiedades deterxentes , é usado para lavar.