Vanderlei Cordeiro de Lima
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Vanderlei Cordeiro de Lima (Cruzeiro do Oeste, 11 de agosto de 1969), é un atleta brasileiro, corredor da Maratón e ex-bóia-fria, termo co que se define a un traballador agrícola brasileiro que non é propietario da terra na que traballa.
Tornouse unha das celebridades dos Xogos Olímpicos de Atenas en 2004 cando, despois de liderar a maratón ata o quilómetro 36, foi abordado e derrubado por un fanático relixioso irlandés, o ex-sacerdote Cornelius Horan. Axudado por algúns espectadores da carreira, retornou á proba e aínda conseguiu garanti-la medalla de bronce da proba, sendo aplaudido de pé cando entrou no estadio Panathinaikós. Por seu feito, Vanderlei, foi aínda agraciado pola medalla Pierre de Coubertin concedida para atletas que valorizan a competición olímpica mais do que a victoria.
Antes de Vanderlei, o último atleta a recibi-la homenaxe tiña sido o velexador canadense Lawrence Lemieux, que nos Xogos Olímpicos de Seul, en 1988, abandonou a disputa de súa proba para salvar unha persoa que caera no mar.
[editar] Títulos
- 2004 - Medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Atenas
- 2003 - Medalla de ouro nos Xogos Pan-americanos Santo Domingo
- 2002 - Vencedor da Volta Internacional da Pampulha
- 1999 - Medalla de Ouro nos Xogos Pan-americanos Winnipeg-99
- 1999 - Vencedor da Volta Internacional da Pampulha