Valentino Mazzola
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Valentino Mazzola (nado o 26 de xaneiro de 1919 in Cassano d'Adda (Milano) e falecido o 4 de maio de 1949 en Superga, nas aforas de Turín) foi un futbolista italiano. Era o capitán do Torino e como os seus compañeiros de equipo, morreu no Desastre aéreo de Superga.
Índice |
[editar] Xuventude
Á idade de dez anos, Mazzola salvou a vida de Andrea Bonomi, que máis tarde sería defensa do A.C. Milán, rescatándoo dun río no que estivo a piques de afogar.
O primeiro equipo no que xogou foi o da fábrica de Alfa Romeo en Milán, onde el traballaba antes da Segunda Guerra Mundial. No ano 1939, Mazzola foi chamado a filas, ficando na cidade de Venecia por un tempo. Alí comezou a xogar no Venecia A.C.
[editar] Carreira
A carreira de Mazzola comeza no Venecia A.C., conseguindo en o campionato de Copa en 1941 e un terceiro posto na liga ao ano seguinte.
O 5 de abril de 1942 debuta coa selección italiana anotando un gol. Pouco despois marchará ao Torino.
Co seu novo clube gañou a liga de 1943. En 1946 repetiron éxito cunha vantaxe de 13 puntos sobre o segundo clasificado, o Inter. Ao ano seguinte tamén se alzaron co título esta vez sacándolle 10 puntos á Juventus. En 1948 no só gañaron a liga de novo, con 16 puntos de vantaxe ao Milán senon que o clube lle deu á selección 10 dos 11 titulares que xogaron contra Hungría. Mazzola xogou 12 encontros con Italia.
Na tempada 1948-49, o Torino gañou o seu último título ata 1976.
En total Mazzola anotou 109 goles entre o Venecia e o Torino en 8 anos.
[editar] Familia
O seu primeiro fillo, Sandro Mazzola naceu o 8 de novembro de 1942 xusto ao chegar a Turín. Tamén chegaría a ser un grandísimo xogador tanto do Inter de Milán como da selección italiana.
[editar] Desastre
Mazzola e o resto dos seus compañeiros do equipo volvían de xogar un encontro en Lisboa cando, a causa do mal tempo, o avión onde viaxaban estrelouse na localidade italiana de Superga. Non sobrevivíu ninguén, e o plantel do Torino pasó a ter un só xogador, o único que non foi a Portugal.
[editar] Citas
Sobre Mazzola
- “ El é a metade do equipo. A outra metade somos o resto de nós.” (Mario Rigamonti).
[editar] Curiosidades
- A José Altafini, grande xogador do Brasil e do AC Milan, chamábanlle 'Mazzola' en lembranza a Valentino.