UEFA
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Unión de Asociacións de Fútbol Europeas (en inglés Union of European Football Associations), é a organización administrativa e de control do fútbol europeo. Representa as asociacións nacionais de Europa, organizando nove competicións entre nacións e catro entre clubs en Europa, controlando os premios, regulamentos e dereitos desas competicións. É unha das seis confederacións continentais da FIFA.
Das confederacións, de longo é a mais forte en termos financeiros e de influencia no eceneario internacional. Virtualmente todos os mellores xogadores do mundo xogan en campeonatos europeos, particularmente en Inglaterra, Francia, Italia, España e Alemaña. Moitas das seleccións de maior forza están na UEFA. Das 32 prazas disponíveis na Copa do Mundo de 2006, 14 foron distribuídas entre seleccións da UEFA.
A UEFA foi fundada o 15 de xuño de 1954 en Basilea, Suíza como consecuencia de discusións entre as confederacións de Francia, Italia e Bélxica. A sede ficou en París ata 1959 cando a organización mudouse a Berna. Henri Delaunay foi o primeiro Secretario Xeral e Ebbe Shwartz o presidente. Seu centro administrativo dende 1995 é en Nyon, Suíza. Foi inicialmente composta por 25 confederacións; actualmente son 53.