Traballo (Física)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En mecánica (en xeral, na Física), o traballo efectuado por unha forza aplicada sobre unha partícula nun certo desprazamento defínese como o produto escalar do vector forza polo vector desprazamento. O traballo é unha magnitude física escalar, e represéntase coa letra W (do inglés Work) para distinguilo da magnitude temperatura, normalmente representada coa letra T e do tempo, representado por t.
O traballo é, en xeral, dependente da traxectoria e, polo tanto, non constitúe unha variable de estado. A unidade básica de traballo no Sistema Internacional é o Newton