Tiberio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tiberio Claudio Nerón, fillo de Livia e fillo adoptivo de Octavio Augusto, foi un emperador romano.
Naceu en Roma o 16 de novembro do 42 a. C. Sucedeu ó seu pai adoptivo e gobernou o Imperio Romano do 14 d. C. ó 37 d. C., co nome de Tiberio Xulio César Augusto. Finou o 16 de marzo do 37 d. C. na vila de Lúculo (Italia). Foi militar de carreira, destacando as súas campañas contra os panonios e os dálmatas. Tamén foi importante a súa expedición punitiva contra os xermanos que derrotaran ás lexións de Quintilio Varo na fraga de Teotoburgo.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Octavio Augusto |
Tiberio (14-37) |
Precede a: Calígula |
Dinastía Xulio-Claudia |