Tasmania
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tasmania é unha illa, ocupada polo estado australiano do mesmo nome. Está situada a 240 Km da costa sureste de Australia.
Ten unha superficie de 68.332 km2 e ten unha poboación (en 2001) de 456.000 habitantes. Hobart, a cidade máis grande da illa, é a capital do estado.
[editar] Economía
Os principais recursos económicos son as explotacións mineiras (cobre, zinc, estano, ferro), a agricultura, as explotacións forestais e o turismo.
[editar] Xeografía
[editar] Curiosidades
O famoso demo de Tasmania (Sarcophilus laniarius), que só vive nesta illa, é un curioso pequeno marsupial con cara de oso. O seu berro feroz, o seu mal carácter e os seus hábitos carroñeiros son os que sen dúbida algunha lle valeron o nome de "demo".