Steven Paul Jobs
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Steven Paul Jobs (nado o 24 de febreiro de 1955) é fundamentalmente coñecido xunto co seu colega Steve Wozniak pola creación do Apple II e pola visón de mercado que tivo ó apostar polas interfaces gráficas e polo emprego rato como o futuro da computación personal.
Índice |
[editar] Pequena biografía
[editar] Infancia
Joanne Simpson foi a nai de Steve Jobs e o seu pai un arabe de nome descoñecido. Nado en Green Bay (Wisconsin) foi adoptado despois de nacer por Paul e Clara Jobs procedentes de Mountain View (Santa Clara County, California). En este lugar foi onde viviu toda a súa infancia.
[editar] Estudos universitarios
[editar] A creación do Apple II e a fundación de Apple Computer
En 1974 convenceu a Wozniak para traballase con el no deseño de unha computadora personal. Unha vez feita, Jobs se encargaría do marketing e Wozniak traballaría mellorando a máquina.
O deseño do Apple I o fixeron no dormitorio de Jobs e logo construiron o prototipo no garaxe de este. Co obxectivo de comercializar a sua creación en 1976 fundaron Apple Computer comezando a vender o Apple I por 666 dólares. No seu primeiro ano, a empresa acadou unhas ventas por un valor de 774.000 dólares.
En 1977, Jobs e Wozniak presentaron o Apple II, que foi unha autentica revolución no mercado . O Apple II convertiu a Apple Computer nunha compañía lider na industria dos ordenadores personais.
[editar] A súa saida de Apple Computer
En 1985, despois dunha loita interna polo poder, Jobs foi destituido dos seus cargos na empresa e despedido por Jhon Sculley, CEO da empresa . Logo da súa saída, Jobs fundou NeXT Computer. Semellante a Lisa, NeXT tiña unha tecnoloxía moi avanzada para a época, pero nunca foi moi popular. En 1986 comprou Pixar a LucasFilm, empresa que posteriormente faríase moi famosa polos seus filmes de animación feitos con ordenadores (coma Toy Story).
[editar] A súa volta a Apple Computer
En xullo de 1997, Steve Jobs regresou a Apple. A situación de Apple nese momento non era boa pero coa súa chegada Steve Jobs conseguiu mellorar as vendas a base de novos modelos que marcan as tendencias no deseño dos ordenadores, coma por exemplo o iMac.
[editar] Ver tamén
- Apple II
- Apple Computer
- NeXT
- Pixar
[editar] Ligazóns externas
- Apple - Press Info - Bios - Steve Jobs - Biografía oficial (en inglés).
- Steve Jobs Info - Páxina sobre Steve Jobs.
- Historia de una manzana - Artigo no xornal El Mundo sobre Steve Jobs (en castelán).