Wikipedia:Sobre Galicia/abril 2006
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Filloa é un producto gastronómico, típico de Galicia. Recibe segundo a zonas unha variedade do nome principal, que vai xeralmente coa variación dun dos productos dos ingredientes principais da mesma; tal é así que en Baiona dáselle o nome de marrucho e, a nivel xeral, freixó (se un dos compoñentes resulta ser sangue de porco). Tradicionalmente adoitase (hoxe en día) a facerse nunha tixola; aunque noutrora eran feitas en laxas de pedra ou de metal. Na actualidade tratase nalgunhas romarías de amosala tradición do facer dos nosos devanceiros; algunhas romarías acadaron especial difusión por este tipo de festas gastronómicas de xeito que son moi concurridas polas xentes do lugar e, sobretodo, por turistas que veñen na procura de probar este producto. As máis coñecidas son: Lestedo (Boqueixón), Sada, Muimenta (Cospeito) e cobrando auxe en darse a coñecer a de Santo André de Valongo (Cotobade).