Seru Epenisa Cakobau
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ratu Seru Epenisa Cakobau (1815-1883) foi rei de Fidxi (Tui Viti) entre o 5 de xuño de 1871 ao 10 de outubro de 1874 cando cedeu a soberanía do país á raíña Vitoria do Reino Unido.
Cakobau era o xefe tradicional de Bau dende o 8 de decembro de 1852 ao suceder ao seu pai, Tanoa Visawaga, aínda que se reclamaba rei de Fidxi ao afirmar que Bau tiña preminencia sobre o resto de Fidxi, o que non aceptaron os outros xefes, e comezou unha guerra de dezanove anos. En 1854 converteuse ao cristianismo e renunciou ao canibalismo. En 1865 formouse a Confederación de Reinos Indepedentes de Viti, que tiña a Cakobau como presidente da Asemblea Xeral, en 1871 unificou Fidxi baixo o seu reinado, e estableceu unha monarquía constitucional