Sen-Itiro Tomonaga
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En grafía inglesa, "Shin'itiro Tomonaga". (1906 - 1979)
Físico xaponés, obtivo o Premio Nobel no 1965, xunto a Richard Feynman e Julián Schwinger, polo desenvolvemento dos principios básicos da electrodinámica cuántica.
Comezou as súas investigacións na EDC no ano 1941, ó chegar a ser profesor na que hoxe é Universidade de Tokio. A Segunda Guerra Mundial incidiu no seu illamento dos científicos máis sobresaíntes no tema, a pesares do que no 1943 completou e publicou as súas investigacións, que fixeron compatible a EDC e a Teoría da Relatividade Especial. No 1947, coincidindo coa publicación de resultados por Feynman e Schiwinger, os seus resultados chamaron a atención do mundo científico a nivel mundial, atopando consistencia entre as publicacións dos tres.
Foi Rector da súa Universidade do 1956 ó 1962, sendo nomeado despois presidente do Consello científico xaponés. Fixo campaña contra as armas nucleares e a favor do desenvolvemento pacífico da enerxía nuclear.
[editar] Bibliografía
[editar] en Inglés
Silvan S. Schweber, QED and the Men Who Made It: Dyson, Feynman, Schwinger, and Tomonaga (1994), historia do desenvolvemento intelectual da Electrodinaica Cuántica (en inglés, Quantum Electro-Dynamics, QED).