Scuderia Toro Rosso
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nome completo | Scuria Toro Rosso |
---|---|
Baseada en | Faenza, Italia |
Xefe de Equipo | Frank Tost |
Director Técnico | Alex Hitzinger |
Pilotos | 18. Por anunciar 19. Por anunciar |
Pilotos de probas | Por anunciar |
Chasis | STR2? |
Motor | Ferrari 057 |
Pneumáticos | Bridgestone |
Debut | Gran Premio de Bahrein de 2006 |
Carreiras | 18 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 1 |
Clasificación en 2006 | 9º (1 punto) |
A Scuderia Toro Rosso, ou simplemente Toro Rosso, e ás veces diminuído na escrita como STR, é un equipo de Fómula 1 que corre baixo bandeira italiana, propiedade de Red Bull e do ex-piloto Gerhard Berger ó 50%. O seu nome ("Escudería Touro Vermello" en galego) é unha clara alusión ós primeiros e á escudería Red Bull Racing, xa que é o seu equipo - B. O seu Xefe de Equipo é Frak Tost e o seu Director Técnico é Alex Hitzinger.
A escudería debutou na competición na tempada de 2006, despois de que a finais do ano anterior a compañía austriaca mercara Minardi das mans de Paul Stoddart.
Índice |
[editar] A creación da escudería
[editar] A tempada de 2006
A tempada de 2006, a primeira que a escudería italiana disputaba, comezou duha maneira moi polémica por mor tanto do chasis como do motor.
O deseño do coche era o do Red Bull RB1 que na campaña pasada fora utilizado pola súa escudería nai, pero o suficientemente modificado como para non incumprir as normativas da FIA sobre a propiedade intelectual dos monoprazas, que estipula que non se pode correr con chasis que utilizaran escuderías que estean en activo. Por outra parte, Toro Rosso foi a única escudería que utilizou os motores V10 do ano 2005 limitados fronte os V8 que empregaron o resto dos equipos.
[editar] A tempada de 2007
No Campionato Mundial de 2007, o monopraza de Toro Rosso, contará con motores Scuderia Ferrari 057[1].
No que ós pilotos respecta, aínda non están confirmados, pero Gerhard Berger declarou que lle gustaría contar de novo con Vitantonio Liuzzi e con Scott Speed[2]. Ademáis, Robert Doornbos, confirmou unha oferta da escudería para se-lo piloto de probas[3].
[editar] Resultados completos en Fórmula 1
(Lenda) (Os resultados en negriña indican que o piloto acadou a pole position)
Ano | Chasis | Motor | Rodas | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2006 (1 pts, 9º) |
STR1 | Cosworth Racing TJ 2005 | M
|
BAH | MAL | AUS | SAN | EUR | ESP | MON | RU | CAN | USA | FRA | ALE | HUN | TUR | ITA | CHN | XPN | BRA | |
Vitantonio Liuzzi | 11 | 11 | Ret | 14 | Ret | 15 | 10 | 13 | 13 | 8 | 13 | 10 | Ret | Ret | 14 | 10 | 14 | 13 | ||||
Scott Speed | 13 | Ret | 9 | 15 | 11 | Ret | 13 | Ret | 10 | Ret | 10 | 12 | 11 | 13 | 13 | 14 | 18 | 11 |
[editar] Curiosidades
- A Scuderia Toro Rosso conta con lamias de aliaxe de magnesio de AVUS Wheels, unha empresa de Valencia (España).
- O equipo inicialmente ía chamarse Squadra Toro Rosso[4], pero foi trocado porque o termo Squadra en italiano refírese a un equipo de fútbol.
[editar] Notas, fontes e referencias
- ↑ (en castelán) Motores Renault para RBR, Ferrari para STR, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Berger quere renovar a Speed y Liuzzi, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Doornbos ten o seu futuro asegurado, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Red Bull opta po Scuderia Toro Rosso, en f1racing.net
[editar] Ligazóns externas
- Páxina oficial da Scuderia Toro Rosso (en inglés)
- Páxina oficial de fotos da Scuderia Toro Rosso (en inglés)
Os monoprazas da Scuderia Toro Rosso | |||||
STR1 - 2006 | STR2? - 2007 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2007 | ||||||
1 McLaren - MP4-22? | 2 Renault - R27 | 3 Ferrari - F2007? | ||||
1 Fernando Alonso | 2 Lewis Hamilton | 3 Giancarlo Fisichella | 4 Heikki Kovalainen | 5 Felipe Massa | 6 Kimi Räikkönen | |
4 Honda - RA107? | 5 BMW Sauber - F1.07 | 6 Toyota - TF107 | ||||
7 Jenson Button | 8 Rubens Barrichello | 9 Nick Heidfeld | 10 Robert Kubica | 11 Ralf Schumacher | 12 Jarno Trulli | |
7 Red Bull - RB3 | 8 Williams - FW29? | 9 Toro Rosso - STR2? | ||||
14 David Coulthard | 15 Mark Webber | 16 Nico Rosberg | 17 Alex Wurz | 18 Por anunciar | 19 Por anunciar | |
10 Spyker - ? | 11 Super Aguri - SA07? | |||||
20 Christijan Albers | 21 Por anunciar | 22 Takuma Sato | 23 Anthony Davidson |