Santa Clara, Cuba
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santa Clara é a capital da provincia cubana de Villa Clara (tamén coñecida como Las Villas). Posúe unha poboación estimada de 217.000 habitantes(1994). É un centro comercial e de comunicacións localizado nun nó de estradas e ferrocarril. Tamén ten un aeroporto. A gadaría foi a actividade tradicional até o século XIX, no que a cana de azucre se volveu importante. O procesamento e comercialización de tabaco ten lugar na provincia. Santa Clara foi fundada en 1689. Foi capturada por forzas guerrilleiras a finais de 1958 durante a revolución dirixida por Fidel Castro contra Fulxencio Batista e Zaldívar.
A Universidade Central de Las Villas está situada ao leste desta cidade.
Actualmente no Memorial desta cidade descansan os restos do Che Guevara.