Salvador, Brasil
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Salvador é a capital do estado da Bahia e a terceira cidade do Brasil en tamaño de poboación. Tiña 2.443.107 habitantes según o Censo Demográfico 2000. Foi fundada en 1549 có nome de Cidade de São Salvador da Bahia. Foi a primeira capital do Brasil, de 1549 ata o 1763.
Ten como atraccións turísticas os seus edificios e monumentos históricos e as súas praias, como a praia da Barra e a praia de Itapoã. Ten un importante porto e unha zona industrial (Complexo Petroquímico de Camaçari) na súa rexión metropolitana.
[editar] Páxina web
Prefeitura Municipal de Salvador consellería da cidade. En portugués.