Rufo Festo Avieno
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Rufo Festo Avieno foi un escritor latino do século IV
. Natural de Volsinii en Etruria, procedía da familia dos Rufii Festi Autor da Ora maritima, que se conserva fragmentariamente, é unha descrición xeográfica das costas europeas, dende Gran Bretaña ata o mar Negro, baseado en viaxes que se poderían remontar ata o 530 a.C. En relación á Península Ibérica recolle as fontes máis antigas que se conservan, e que datarían do século VI a.C. Avieno describiu os oestrimnios e saefes, pobos da Gallaecia.