Romano Prodi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Romano Prodi é un político italiano (nacido o 9 de agosto de 1939), de centro-esquerda. Dende 1996 ata 1998, foi Primeiro Ministro de Italia (sucedido por Silvio Berlusconi); dende 1999 ata 2004, foi Presidente da Comisión Europea (sucedido por José Manuel Durão Barroso). Na actualidade, e dende as eleccións en abril do ano 2006, voltou a ser Primeiro Ministro de Italia. Adóitase referirse a el como il Professore (o profesor).
Índice |
[editar] Vida
[editar] Personal
Naceu en Scandiano, na provincia de Emilia-Romagna. É o oitavo dos nove que tiveron Mario Prodi, un enxeñeiro, e Enrica, unha profesora.
Casou con Flavia Franzoni en 1969 e ten dous fillos. Vive en Bolonia.
[editar] Académica
Romano Prodi estudou Dereito na Universidade do Sacro Cuore, en Milán. En 1963, comezou a traballar na Universidade de Bolonia, onde se fixo profesor no ano 1971, posto no que permaneceu ata 1999.
[editar] Política
Xa en 1978, foi Ministro de Industria baixo o goberno de Giulio Andreotti. En 1995, comezou a dirixir a coalición de centro-esquerda italiana O Olivo, gañando en 1996 as eleccións para, en 1998, perde-lo goberno por rupturas dentro da súa coalición.
Dende Setembro de 1999, foi Presidente da Comisión Europea, un cargo no que presenciou algún dos máis importantes episodios na historia de Europa (a introdución do euro ou a ampliación de 2004, por exemplo). En 2004, foi substituído por José Manuel Durão Barroso e volveu á política italiana.
No ano 2006, en abril, gañou de novo as eleccións en Italia por unha estreita marxe de votos, que provocou que, por exemplo, non tivese máis que dous escanos de vantaxe no Senado.