Roderick Murchison
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Roderick Impey Murchison (1792 – 1871) foi un xeólogo escocés.
Naceu en Tarradale, Escocia. Estudou en Durham e na academia militar de Great Marlow. En 1808 desembarcou en Galicia coas tropas do duque de Wellington e participou nas batallas de Roliça e Vimeiro e na retirada dirixida por John Moore cara á Coruña e na batalla posterior.
Casa en 1815 e dedica dous anos a viaxar por Europa, en especial por Italia. En 1818 aséntase en Inglaterra e fixo amizade con Humprhy Dave que o animou a dedicarse á ciencia, uniuse á Sociedade Xeolóxica de Londres e comeza a explorar coa súa dona a xeoloxía do sur de Inglaterra, cunha especial dedicación ás rochas do noroeste de Sussex, sobre as que escribe o seu primeiro artigo científico.
Con Charles Lyell explora a rexión volcánica de Auverña e tamén o Tirol e Suíza. Un pouco despois con Adam Sedgwick investiga a formación dos Alpes, o artigo que escriben permanece como un dos clásicos da xeoloxía alpina.
En 1831 marcha á rexión froteiriza entre Inglaterra e Gales para estudar as rochas sedimentarias, destes traballos resulta o establecemento do sistema silúrico, que pola primeira vez agrupa unha serie de formacións xeolóxicas cada unha coas súas propias características e fósiles que describe en The Silurian System en 1839.
Contrubúe tamén ao establecemeto do devónico. Con Edouard de Verneuil e Alexander von Keyserling viaxa a Rusia, con eles publica un estudo sobre Rusia e os Urais en 1845.