República de Weimar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A República de Weimar foi o réxime político e, por extensión, o período histórico que tivo lugar en Alemaña a partir da Asemblea Nacional constituínte reunida na cidade de Weimar en 1919 tras a derrota do país na Primeira Guerra Mundial. É un termo aplicado polos historiadores posteriores, posto que o país conservou o seu nome de Deutsches Reich (Imperio Alemán). 1933 é a data do fin da República, xa que, se ben a constitución do 19 non foi renovada ata o remate da Segunda Guerra Mundial, as reformas levadas a cabo polo partido Nazi invalidárona moito antes.