Río Xallas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O río Xallas pertence á vertente atlántica galega. Nace no monte Castelo (Coristanco), discorre polos concellos de Coristanco, Santa Comba, A Baña, Zas, e forma o límite entre Mazaricos, Carnota e Dumbría. Finalmente, desemboca na enseada do Ézaro formando unha fervenza rodeada de espectaculares microformas graníticas no Monte Pindo.
Algúns dos seus afluentes son: O Bazar, Castiñeira, A Regueira, Mira, Esternande, Ancha, Dornas, Guisande, Vilar García...