Río Masma
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Río Masma está na provincia de Lugo, polo que pertence á vertente cantábrica. Nace na serra do Xistral, no concello do Valadouro, percorre os concellos de Abadín, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros e Foz. Despois de 46 km de percorrido desemboca na ría de Foz, xunto á praia da Rapadoira no mar Cantábrico.