Río Éufrates
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Éufrates | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Altitude da fonte: | 4.500 msnm | |||||
Lonxitude: | 2780qm | |||||
Caudal medio: | 830 m³/s | |||||
País: | Turquía, Siria e Irak | |||||
Desemboca | Golfo Pérsico |
O río Éufrates (nome grego tradicional, en Aramaico Frot/Frat, Persa antigo Ufrat, en árabe الفرات, e en turco Fırat) é un dos rios que forma a Mesopotamia xuntamente co Río Tigris, onde hoxe se atopa o actual Iraq.
O río formase pola unión de dous afluentes: o Kara (Éufrates Occidental), que nace nas montañas orientais da Turquía ao norte de Ercerun e mailo Murat (Éufrates Oriental), que se orixina no lago Van. O río ten aproximadamente 2.780 km de extensión e a súa porción superior escoa por entre canóns e gargantas para o sudoeste a través da Siria e despois do Iraq. Os rios Khabur e Balikh, que se orixinan tamén na Turquía, xúntanse ao río Éufrates na porción oriental da Siria. Despois diso, ao longo de todo o seu curso, o río Éufratres non recebe máis contribucións doutros corpos de auga. Abaixo de Basra no Sur do Iraq o río únese ao río Tigris para formaren o río Shatt al-Arab, que vai desaugar no Golfo Pérsico.