Porto Alegre
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Porto Alegre | |
---|---|
"Fundación" do poboado | 26 de marzo de 1772 |
Recoñecido coma municipio o: | 23 de agosto de 1808 |
Superfície: | 496,8 km² |
Poboación: | 1.416.000 (est. 2004) (4,5 millóns na aglomeración urbana) |
Prefeito (alcalde) | José Fogaça |
Porto Alegre é a capital do estado do Río Grande do Sur. Constituiuse no século XVIII coa chegada dos primeiros inmigrantes azoreanos, familias ou casais que fundaron unha poboación bautizada con nome de Porto dos Casais, e que máis tarde orixinou a cidade.
É a capital de estado brasileira máis próxima dos países veciños que, co Brasil, forman o Mercosur: Arxentina e Uruguai. É tamén hoxe coñecida mundialmente pola realización do Foro Social Mundial. A pesar de non ter sido unha cidade planeada, conserva moitas áreas verdes e boa calidade de vida, ademáis de un interese pola cultura: proporcionalmente á sua poboación, é a cidade brasileira que máis librerías ten. Anualmente, en outubro, realizase a Feira do Livro (Feria do Libro) na cidade.
Dispón tamén dun importante centro das tradicións dos gaúchos, nome que se dá ós habitantes do Río Grande do Sur (pero tamén hai gaúchos na Arxentina e no Uruguai) que conservan hábitos alimentarios (o churrasco, nome que se lle dá á carne asada en fogueiras), de bebida (o chimarrão, unha bebida feita co herba-mate e auga quente, tomada sen zucre) e danzas típicas que remontan o período nos que os límites da rexión eran disputados entre Portugal e España. Hai varios Centros de Tradición Gaúcha na cidade. Outros pobos, como os inmigrantes italianos, alemáns, portugueses (principalmente azoreanos), españóis, árabes e polacos, xunto cos negros que viñan ó Brasil como escravos ata o século XIX, tamén deixaron as súas marcas na cultura da cidade.
Ademáis de ser un importante centro de comercio e servizos, a súa rexión metropolitana ten importantes industrias, como o Polígono Petroquímico de Canoas, unha fábrica de automóbiles da General Motors (en Gravataí), unha de tractores agrícolas da Massey Ferguson, fábricas de alimentos, bebidas, textís e outras.
[editar] Ligazóns externas
- Prefeitura Municipal de Porto Alegre - páxina da administración municipal. En portugués
- Xornal Zero Hora - importante periódico editado na cidade. En portugués.
- Correio do Povo - outro xornal editado en Porto Alegre