Política do Xapón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] Sistema Político
O Xapón ten un sistema político democrático e pluripartidario. Todos os cidadáns adultos teñen o dereito ao voto e a concorrer nas eleicións nacionais e locais. Hai seis grandes partidos políticos. O máis forte deles, o Partido Liberal Democrata, está no poder desde 1955.
O Xapón ten un réxime monarquico. De acordo coa constitución xaponesa, o emperador é o símblo do Estado e da unidade do pobo. El non posúe poderes relacionados ao Goberno.
A monarquía xaponesa é a máis antiga monarquía ininterrupta do mundo. O actual imperador, Akihito, subiu ao trono en 1989. El e maila súa esposa, a imperatriz Michiko, teñen tres fillos. O imperador e demais membros da familia imperial viven no Palacio Imperial de Toquio.
[editar] Poder Executivo
Hai un parlamento eleito polo pobo, a Dieta, que elexe o primeiro-ministro. O primeiro-ministro é o gobernante de feito e é membro da Dieta. O primeiro-ministro nomea o Gabinete. Cada ministro (membro do Gabinete) dirixe un dos ministerios do Gobrno.
Despois da derrota do Xapón na II Guerra Mundial, un dos obxetivos das tropas aliadas de ocupación foi asentar as bases dun goberno democrático. O paso decisivo foi a constitución de 1946, que privou o imperador do poder absoluto. O executivo ficou a cargo dun gabinete, presidido polo primeiro-ministro, escollido pola Dieta (parlamento) entre os seus membros. O primeiro-ministro, a quen cabe escoller o seu gabinete, é o líder do partido maxoritario ou dun dos partidos coligados.
[editar] Poder Lexislativo
O Poder Lexislativo é exercido pola Dieta, que se compón de dúas cámaras: a Cámara dos Representantes, cuxo os membros son eleitos cuatrienalmente por sufraxio universal, e a Cámara dos Conselleiros, eleitos cada seis anos por sufraxio universal, renovándose a metade del cada tres anos.
[editar] Poder Xudicial
É un poder independente. Compónse da Corte Suprema e dunha rede de tribunais de hierarquía gradativa.
[editar] Defensa
Unha das primeiras meditas adoptadas polas potencias aliadas en 1945 foi desmilitarizar o Xapón. A constitución de 1946 obrigaba o país a un pacifismo permanente. En 1950, porén, mudanzas no escenario político internacional resultaron na criación dunha “reserva policial” nacional. En 1952, o nome foi mudado para Forza de Seguridade Nacional, xa entón con 110.000 homes, incluindo unha incipiente forza naval, formada coa axuda norteamericana. A FSN ampliouse posteriormente, para incluir unha armada do aire, sendo entón rebatizada como Forza de Defesa Nacional, en 1954. Na década de 70, as forzas xaponesas de terra, mar e ar contaban con preto de 285.000 homes, mais a defensa aínda depende dos EUA, que manteñen bases militares e 58.000 homes no Xapón.