Política do Ecuador
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A constitución do Ecuador garante un mandato de 4 anos para o presidente, o vice presidente e para os membros do Congreso Nacional ecuatoriano. Os presidentes poden reelexerse, pero non para o mandato inmediatamente seguinte. Para votar é necesario ter máis de 18 anos de idade, e o sufraxio é universal e obrigatório dos 18 os 65 anos de idade, e facultativo para quen ten máis de 65.
Os gobernos provinciais e municipais, e os lexislativos provinciais e municipais son directamente eleitos. O Congreso funciona o ano todo, exceto nos recesos, en xullo e decembro.
O actual presidente, Alfredo Palacio, era vice de Lucio Gutiérrez, e asumiu en 20 de abril de 2005 despois que Congreso removeu Gutiérrez do poder, en meio a crecentes protestos da poboación nas rúas.
[editar] Poder Executivo
Rexime: República presidencialista
Xefe de estado e de goberno: Presidente Alfredo Palacio (dende 20 de abril de 2005).
Vice Presidente: Alejandro Serrano.
O presidente e o vice son eleitos na mesma elección polo voto popular para un periodo de 4 anos, sem reelección.
O Poder Executivo inclui ainda 15 ministerios, e os ministros son nomeados directamente polo presidente da república.
[editar] Poder Lexislativo
O Ecuador ten un Congreso unicameral (non existe a figura do Senado) formado por 100 membros, eleitos diretamente polo voto popular nas provincias, para um periodo de 4 anos. O Ecuador é dividido en 22 provincias, subdivididas en municípios. Tanto as provincias canto os municipios ten os seus lexislativos locais.
[editar] Poder Xudiciário
A Suprema Corte do Ecuador é composta de 31 xuízes. O país non aceita xurisdición compulsoria da Corte Internacional de Xustiza. Os novos membros da Suprema Corte son escollidos polos membros actuais da Corte. Hai tamén unha Corte Eleitoral e unha Corte Constitucional. Nunha crise política en 2004, membros da Corte Eleitoral e da Corte Constitucional foron substituidos polo Congreso. En 2005, foi a vez do Congreso substituir 27 dos 31 xuízes da Suprema Corte.