Pierre Abélard
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pierre Abélard (en galego, Pedro Abelardo) (Pallet 1079 – 1142) foi un filósofo escolástico francés, pai do método escolástico con Alexandre de Hales. A historia dos seus amores con Heloísa convertéronse en lendarios.
Naceu no seo dunha familia nobre. En 1099 marcha a París para estudar, converténdose en discípulo de Guillaume de Campeaux en Notre-Dame de París, contra o 1102, abre unha escola propia en Melun, nos arredores de París, aquí ensina retórica e filosofía escolástica, propagando as súas ideas nas escolas de Melun, Corbeil e París. É un mestre brillantes con grande éxito, permitíndose mesmo atacar as ideas da doutrina do realismo ensinado polo seu mestre, Guillaume de Champeaux. Elixido cóengo de Notre-Dame en 1115, nesta época namorouse de Heloísa, de 17 anos, sobriña do coéngo Fulbert, da que Abelard era o preceptor. Fulbert quixo separar aos amantes, estes foxen á Bretaña ao se decatar que ela estaba preñada, alí tiveron o fillo. Cando Heloísa voltou con seu tío non quixo revelar a súa voda para non prexudicar a vida eclesiástica de Abelardo, e ingresou no mosteiro de Argenteuil. Fulbert, para se vingar, mandou castrar a Abelard (1118) que ingresou no mosteiro de San Dionisio (1119). Posteriormente reabriu unha escola en Maisoncelle
Os dous esposos estableceron correspondencia, o que os fixo universalmente coñecidos pola fermosura e platonismo das súas cartas, publicadas cara 1130: Lettres d'Abélard et d'Héloïse.
Foi condenado por herexe no sínodo provincial de Soissons (1121) a instancias de San Bernardo de Claraval. Ratificada a condea polo Papa, Abelard quixo ir a Roma para defenderse, pero enfermou no camiño e morreu no mosteiro de San Marcelo, preto de Chalon-sur-Saône.
[editar] Obras
- Sic et non
- Dialéctica
- Historia calamitatum
- Ethica o Scito te ipsum
- Theologia christiana (foi o primeiro en empregar o termo teoloxía)
- Introductio ad Theologiam