Pen drive
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un Pen Drive, memoria USB ou chaveiro USB (en inglés USB flash drive) é un pequeno dispositivo de almacenamento que utiliza a memoria flash para gardar a información sen necesidade de pilas. Os pen drive son resistentes ós rasguños e ó pó que afectan a outras formas previas de almacenamento portable, como os CDs e os disquetes.
Os sistemas operativos máis modernos poden ler e escribir nos pen drive sen necesidade de controladores especiais. Nos equipos antigos (como por exemplo os equipados con Windows 98) necesitase instalar un controlador para o dispositivo.
[editar] Características
Os actuais pen drive son USB 2.0 (Universal Serial Bus), o que lles permite alcanzar velocidades de escritura/lectura de ata 480 Mbit/s teóricos (aínda que na práctica, como moito, alcanzan uns 20 Mbytes/s, é dicir 160 Mbit/s). Teñen unha capacidade de almacenamiento que vai desde uns poucos Megabytes ata 8 Gigabytes, aínda que algúns incorporan un minúsculo disco duro no canto da memoria flash podendo almacenar incluso máis de 20 GB. Nembargantes, algúns ordenadores poden ter dificultades para ler a información contida en dispositivos de máis 2 GB de capacidade.
Algúns chaveiros USB en vez de incluir a memoria flash integrada, incorporan un minilector de tarxeta de memoria. Isto permite reutilizar a memoria de, por exemplo, unha cámara dixital.
Calqueira tarxeta de memoria é máis cara que un pen drive, polo que a combinación de tarxeta e lector USB non é o máis económico.