Passio sancti Iacobi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Passio sancti Iacobi é un texto latino haxiográfico sobre a paixón e morte de Santiago o Maior que se elaborou na Galia no século V ou VI, recollendo textos anteriores e a tradición bíblica sobre o seu martirio, e que se difundiu por toda a Europa occidental e influíu na haxiografía medieval.
Un dos episodios máis coñecidos do relato é a conversión e martirio do delator de Santiago, Xosías.