Pas-de-Calais
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pas-de-Calais (62) é un departamento francés que debe o seu nome ó paso de Calais, estreito que o separa de Gran Bretaña.
Índice |
[editar] Historia
Pas-de-Calais foi un dos 83 departamentos franceses creados durante a Revolución francesa, o 4 de marzo de 1790, en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789. Foi constituído a partir de diversas rexións: o Boulonnais, o Calaisis, o Artois e unha parte do Ponthieu.
[editar] Xeografía
Pas-de-Calais forma parte da rexión francesa de Norte - Pas-de-Calais. Está rodeado polos departamentos de Norte e Somme e ten costa na Canle da Manchae o Mar do Norte.
Outras cidades importantes: Liévin, Hénin-Beaumont, Bruay-la-Buissière.
Cursos de auga: Authie, Canche, Ternoise, Liane, Sensée, Scarpe, Deûle, Lys, Aa.
[editar] Demografía
Pas-de-Calais é un dos departamentos máis poboados e máis urbanizados de Francia. Aínda así non hai ningunha grande cidade: a aglomeración de Calais sobrepasa a penas os 100.000 habitantes, seguida de preto por Boulogne-sur-Mer e Arras; Saint-Omer conta tamén cunha aglomeración importante de máis de 50.000 habitantes.
Pero a zona máis densamente poboada é a chaira mineira que desenvolveu a durante o s. XX, ó leste do departamento. Non se atopan grandes cidades, pero ó redor de vilas importantes como Lens, Liévin, Béthune, Bruay-la-Buissière, Hénin-Beaumont, etc. unha chea de pequenas vilas están próximas unhas doutras, formando unha vasta conurbación que se prolonga polo departamento de Norte (departamento) ata Douai e Valenciennes. Estas aglomeracións forman un conxunto case contínuo de máis de 1,2 millóns de habitantes (dos que máis da metade viven en Pas-de-Calais). Pola contra, o centro e o sur do departamento son moi rurais (pero tamén densamente poboados), e contan con numerosas pequenas aldeas e vilas.
Ata a primeira guerra mundial, a actividade mineira mantiña un crecemento demográfico elevado (700.000 habitantes alá polo 1850, case 1.000.000 en 1900). O conflicto afectou directamente ó departamento (que coñeceu a ocupación alemana e foi un dos principais campos de batalla), pero a poboación volveu medrar xusto despois da contenda, ata chegar ó 1.200.000 habitantes. Despois da crise económica de 1929, outro periodo de decrecemento tivo lugar, prolongado pola segunda guerra mundial. Despois de 1945, o crecemento volveu coa reconstrucción e a poboación aumentou netamente durante unha vintena de anos, de 1.168.545 en 1946 ata 1.397.159 en 1968. Dende entón o número de habitantes estancouse (1.441.568 en 1999): a poboación é nova e o número de nacementos é moito maior que o de defuncións, pero o saldo migratorio é ben negativo a causa do declive das actividade mineiras e das industrias ligadas. Algunhas cidades que non viviran máis que das minas perderon ata a metae da súa poboación no percorrer do último medio século.
[editar] Cultura
Por non ser unha grande cidade, Pas-de-Calais quedou moito tempo sen universidade. En 1992, a universidade de Artois e a Université du Littoral viñeron reparar esta anomalía. Estas universidades presentan a particularidade de ser multipolares e interdepartamentais: Arras, Béthune, Douai, Lens e Liévin para unha e Boulogne-sur-Mer, Calais, Dunkerque e Saint-Omer para a outra.
[editar] Varios
Pas-de-Calais é o departamento que ten o maior número de concellos (894). Case todos pertencen a estructuras intermunicipais.
Departamentos de Francia |
Francia metropolitana : 01 Ain · 02 Aisne · 03 Allier · 04 Alpes da Alta Provenza · 05 Alpes Altos · 06 Alpes Marítimos · 07 Ardèche · 08 Ardennes · 09 Ariège · 10 Aube · 11 Aude · 12 Aveyron · 13 Bocas do Ródano · 14 Calvados · 15 Cantal · 16 Charente · 17 Charente Marítimo · 18 Cher · 19 Corrèze · 2A Córsega do Sur · 2B Alta Córsega · 21 Côte-d'Or · 22 Côtes-d'Armor · 23 Creuse · 24 Dordoña · 25 Doubs · 26 Drôme · 27 Eure · 28 Eure e Loir · 29 Finistère · 30 Gard · 31 Alta Garona · 32 Gers · 33 Gironda · 34 Hérault · 35 Ille e Vilaine · 36 Indre · 37 Indre e Loira · 38 Isère · 39 Jura · 40 Landes · 41 Loir e Cher · 42 Loira · 43 Alto Loira · 44 Loira Atlántico · 45 Loiret · 46 Lot · 47 Lot e Garona · 48 Lozère · 49 Maine e Loira · 50 Mancha · 51 Marne · 52 Alto Marne · 53 Mayenne · 54 Meurthe e Mosela · 55 Mosa · 56 Morbihan · 57 Mosela · 58 Nièvre · 59 Norte · 60 Oise · 61 Orne · 62 Paso de Calais · 63 Puy-de-Dôme · 64 Pireneos Atlánticos · 65 Altos Pireneos · 66 Pireneos Orientais · 67 Baixo Rin · 68 Alto Rin · 69 Ródano · 70 Alto Saona · 71 Saona e Loira · 72 Sarthe · 73 Savoia · 74 Alta Savoia · 75 París · 76 Sena Marítimo · 77 Sene e Marne · 78 Yvelines · 79 Deux-Sèvres · 80 Somme · 81 Tarn · 82 Tarn e Garona · 83 Var · 84 Vaucluse · 85 Vendée · 86 Vienne · 87 Alto Vienne · 88 Vosgos · 89 Yonne · 90 Territorio de Belfort · 91 Essonne · 92 Altos do Seine · 93 Sena-San Denis · 94 Val do Marne · 95 Val do Oise |
Dapartamentos de ultramar : 971 Guadalupe · 972 Martinica · 973 Güiana Francesa · 974 Reunión |