Partido Obreiro Galego
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Partido Obreiro Galego (POG), foi un partido galego marxista e nacionalista, contaba con aproximadamente 200 militantes en 1977, principalmente en Vigo e Santiago de Compostela.
En 1977 Camilo Nogueira lidera un grupo que se escinde do BNPG, partidario dun maior pluralismo ideolóxico, a colaboración con outras forzas e a aceptación da autonomía como un primeiro paso no autogoberno, en outubro funda un novo partido no que se integran ademais membros procededentes da Asemblea Popular Galega, Partido Comunista de Galicia, Partido Socialista Galego, Partido dos Traballadores de España e Movemento Comunista de Galicia.
Os líderes do novo partido son Camilo Nogueira e Xan López Facal. Logo do I Congreso intégrase na coalición Unidade Galega para participar nas eleccións xerais e municipais de 1979.
Propugnou o voto en branco no referendo do Estatuto de 1980
En decembro de 1980 refúndase co nome de Esquerda Galega.