Parónimo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A paronimia é unha relación semántica que consiste en dúas (ou máis) palabras semellantes no son, pero que se escriben de forma diferente e teñen significados distintos. Vexamos algunhas palabras parónimas:
- aceitar (poñer aceite) – aceptar (admitir)
- actuar (representar) – atuar (tratar de ti)
- coar (filtrar) – colar (adorno)
- concelleiro (do concello) – conselleiro (do consello)
- enoloxía (viños) – etnoloxía (pobos)
- enxerir (enxertar) – inxerir (tragar) – inserir (introducir)
- esgrevio (áspero, dificultoso) – egrexio (ilustre, insigne)
- especia (condimento) – especie (tipo, clase)
- esterno (óso) – externo (exterior)
- flamenco (canto) – flamengo (ave, Flandres)
- furna (caverna mariña) – urna (caixa para as votacións)
- medicina (ciencia, medicamento) – menciña (medicamento)
- misto (fósforo) – mixto (mesturado)
- rola (paxaro) – rolla (tapón)
- seo (peito) – seno (no triángulo)
- sono (gana ou acto de durmir) – soño (imaxes oníricas)
- triunfo (vitoria) – trunfo (naipe)